o Diego reseñó Ana no de Agustín Gómez Arcos
Ana Si
5,0 stars
Absolutamente imprescindible, paréceme incrible que a día de hoxe ninguén me falase nunca deste autor. Síntoo moitísimo pola literatura española por non poder incorporar ao seu acervo toda a obra de Agustín Gómez Arcos, brillantemente traducido do francés. É un texto que respira cunha personaxe que é tan ou máis real ca min. Incrible que este libro se publicase no 77, co cadáver do franquismo aínda quentiño nos palacios de Madrid. Vaia enteireza e vaia azos. A min esta obra resooume a Lorca, ao Lazarillo e ao que eu creo que se debería escribir máis nesta merda de estado. Estou profundamente impactado e emocionado por ela. A literatura de verdade é para os derrotados e, sobre todo, para as derrotadas. Hai fragmentos que son dunha calidade tráxica que vin moi poucas veces e que me fixeron, unha vez máis, chorar na puta Renfe. Un ritmo lento ao comezo, unha linguaxe …
Absolutamente imprescindible, paréceme incrible que a día de hoxe ninguén me falase nunca deste autor. Síntoo moitísimo pola literatura española por non poder incorporar ao seu acervo toda a obra de Agustín Gómez Arcos, brillantemente traducido do francés. É un texto que respira cunha personaxe que é tan ou máis real ca min. Incrible que este libro se publicase no 77, co cadáver do franquismo aínda quentiño nos palacios de Madrid. Vaia enteireza e vaia azos. A min esta obra resooume a Lorca, ao Lazarillo e ao que eu creo que se debería escribir máis nesta merda de estado. Estou profundamente impactado e emocionado por ela. A literatura de verdade é para os derrotados e, sobre todo, para as derrotadas. Hai fragmentos que son dunha calidade tráxica que vin moi poucas veces e que me fixeron, unha vez máis, chorar na puta Renfe. Un ritmo lento ao comezo, unha linguaxe evocadora, unha viaxe cos seus capítulos e historias secundarias, unha representación da sociedade española de posguerra, un canto á conciencia de clase, unha ruptura do narrador tan ben cosida que parece un bordado. Un novelón, penso eu.